Add script 'get-openssl-version.sh'.

This commit is contained in:
2023-06-21 11:09:08 +02:00
parent 0a7a61049a
commit 14056b44dd
5032 changed files with 340126 additions and 0 deletions

View File

@ -0,0 +1,7 @@

Esta páxina é unha axuda na primeira vez que se instala e configura o Dokuwiki. Se queres máis información verbo deste instalador está dispoñible na súa propia páxina de documentación.

O DokuWiki emprega arquivos normais para a almacenaxe das páxinas do wiki e outra información asociada coas mesmas (p.e. imaxes, índices de procura, revisións antigas, etc). Por iso, para poder operar correctamente, o DokuWiki precisa ter acceso de escritura aos directorios que conteñen eses arquivos. Este instalador non é quen de configurar os permisos dos directorios. Isto debe facerse normalmente de xeito directo na liña de comandos ou, se estás a usar unha hospedaxe, a través do FTP ou do panel de control da túa hospedaxe (p.e. o cPanel).

Este instalador configurará o teu DokuWiki para o uso da ACL, o cal permitirá ao administrador iniciar sesión e acceder ao menú de administración do DokuWiki para instalar extensións, xestionar usuarios e accesos ás páxinas do wiki, ademais de modificar a configuración. Non é imprescindíbel para o funcionamento do DokuWiki, porén, fai moito máis doada a administración do mesmo.

Os usuarios expertos ou con requisitos especiais de configuración poden visitar as seguintes ligazóns para obter pormenores relativos ás instruccións de instalación e á configuración.